“A filla do Cacharulo” é o nome dunha marca de figuras de decoración feitas a man que teñen como eixo temático os animais acuaticos. Sardiñas, rodaballos, sargos, peixes abisais, caranguexos e troitas son a especialidade da casa.
Como estratexia comercial, Mirari, a directora de “A filla do Cacharulo”, nas feiras de artesanía monta o seu posto coma se fose unha especie de peixería. Para atraer aos clientes, Mirari, animará o posto contando e cantando historias sobre o mar no que os protagonistas serán encarnados polas súas figuriñas. Con estes elementos representará o conto moral “Quen moito quere todo perde”, a fábula de “A raposa e o caranguexo”, e o conto “O Peixe luminoso” de Italo Calvino. Pero ademáis cantará acompañada dunha pianista cancións populares como “O Rodaballo” e “Caranguexo non é peixe”. Contos e cancións que pretenden sensibilizar ao público sobre a necesidade de coidar e protexer os nosos océanos.
Merran Laginestra, encargada do ambiente musical tocando o piano e cantando en directo nos deleitará con diferentes estilos de músicas. Comenza con música popular galega, continua con música clásica e a canción “A troita de Schubert, e remata co estándar de jazz “ I got rhythm”.
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S A PARTIRES DOS 2 ANOS.
DURACIÓN: 45 minutos