Compra les teves entrades
Venda online tancada.
Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.
Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".
descripció de l'esdeveniment
Apertura portas 20:30 - Concerto 21:00
Prezo en taquilla 12 euros
Un tarde noite de domingo para celebrar a estrea mundial do primeiro disco da artista galega Leticia Rey coa súa banda ao completo.
Pronto será desvelado o título do disco que foi rexistrado en directo.
Tras gañar o Premio Estudios Mans en 2020 para novos talentos musicais galegos e lanzar o single Trough The Wind, as pezas da súa
carreira musical comezaron a encaixar. En 2021 edita o Ep "Leticia Rey" fruto do citado premio, un disco do que xa apenas quedan copias.
Tamén decide mudarse a vivir ao entorno da Coruña, para traballar coa banda que monta en torno ao seu proxecto. Cancións que fluctuan
entre o jazz e o folk, unha voz que emociona e sorprende, unha mística que envolve os seus directos cando explica a viaxe que se inicia e que
finaliza ao longo das diversas luces que nos ofrece cada día.
Leticia comezou a súa formación musical con 12 anos, ainda que dende nena xa había algo moi potente no seu interior que a chamaba cara a
composición e a interpretación. A emoción permanente é o seu estado actual ante as oportunidades que está a vivir grazas as suas cancións, como
a presentación dentro do ciclo "Matinais Musicais" na Cidade da Cultura.
A banda completa é todo un luxo:
Leticia Rey - voz e guitarra
Iago Mouriño - teclados
Jorge Quesada - Baixo e guitarra
Óscar Quintáns - Batería.
O concerto servirá tamén para a presentación dun novo selo discográfico galego.
Política d'accés
Comentaris
1