Night Shades

Night Shades

Veure entrades
Night Shades

Night Shades

Aturuxo Bar. Aturuxo bar, Rúa de Pazos Fontenla, Bueu, España. Veure mapa


Venda online tancada.

Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.

Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".

Descripció

Night Shades son un cuarteto con base en Londres pero formado en 2014 por unha parella procedente de Nova Zelandia. O seu son é unha combinación de garage punk e rock & roll que dá como resultado un son ruidoso, romanticamente escuro e inquietante, capaz de atraparte na súa enerxía 'trashy'!

Tras publicar unha primeira cassette en 2015, a banda publica o seu EP de debut en Halloween de 2017, 'Evil Dreams.'' Seis cancións nas que a guitarra de Shaun desprende a mesma ferocidade coa que os seus berros se enredan ata sucumbir.

A guitarra de Clare gruñe, creando unha corrente de distorsión que baña as súas invocacións mentres o ritmo primitivo de Niall á batería e o baixo de Vince fan que todo retumbe coma se estivésemos perante o día do xuízo final.

En xuño de 2019 publican o seu segundo single en El Beasto Recordings, baixo o título de 'Dead Nerves / The Desert'.

En directo, Night Shades son capaces de arroxar sombra sobre a noite máis escura e desenterrar esa lápida que parece tapar desde hai tempo o verdadeiro rock & roll.

“The Night Shades tocan cunha vibrante intensidade!” (Grant Bushell, London In Stereo)

“O seu garage punk chama a atención e realmente saben como facer ruído” (Glen Bushell, Punktastic.com)

“Nos Night Shades atopamos un chisco de Nick Cave & The Bad Seeds nas súas cancións máis suaves e, nesta época de caos na música en directo, o que fai sobresaír a esta banda é que son algo novo e nostálxico ao mesmo tempo” (Jacob Milnestein, Gutless Zine)

En aquest cas el promotor no ha especificat la política d'accés a menors, si tens qualsevol dubte, t'animem et posis en contacte directament amb ell.

Vídeo

1 Opinió Veure opinions

Opinió verificadaVa assistir el 13/08/2019
Eyaculación precoz
Un evento curto, si no tienen más repertorio, podrían repetir. Allá ellos, iba a comprar un single o un k7, pero así no. La sala muy bien, retumba un poco, pero el servicio muy bien. Recomendable
Mike
14/08/2019

Compartir!

Organitzat per

Aturuxo Bar

Veure detalls