ESPECTÁCULO PARA A PRIMEIRA INFANCIA. DENDE 1 ANO ATÉ OS 4 ANOS.
Duración: 30-35 minutos
Redondo" é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.