Benvidos ao primeiro show de maxia onde o público é quen
decide o guión do espectáculo. Nada está escrito nesta montaxe que se camufla
baixo a parodia dun concurso televisivo onde lle daremos unha volta á maxia,
unha volta á nosa ruleta. Así, o azar poñerá en xogo a sorte do mago. Non
haberá preguntas por resolver. Nin segundos que gañar. Os espectadores teñen o
control do que sucede sobre o escenario. O mago acompáñaos nestes xiros que van
conducindo á maxia ata un sorpresivo efecto final, unha última sorpresa que, a
medio camiño entre a realidade e a ilusión, non deixará indiferente a ninguén.
Esta é unha obra de maxia infantil, só apta para nenos e nenas, aínda que xa
peiteen canas.