Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
Rock/blues, Portugal. Intercambio AIEnRUTA - OuTonalidades
BWGW mesturan rock, blues, soul e un pouco de funk coa voz icónica e profunda do belga Peter de Cuyper, acompañada polo nivel técnico das catro voces que o acompañan, dálles un son moi propio, emocionante e glamuroso.
O son sexy cheo de actitude dos seus concertos seduciron ao público, que non queda indiferente ante un percorrido que se construíu a base de persistencia e moito traballo.
Despois de moitos singles, finalmente no ano 2017 gravan o primeiro álbum: «Tornado», producido por Tatanka (The Black Mamba), recibindo fantásticas críticas na prensa portuguesa e 4 singles e vídeos son parte das listas de reprodución en varias radios nacionais (Antena3, SBSR.fm, Super fm, Marginal).
En 2017, BWGW viaxaron por Portugal, España, Francia, Holanda e Bélxica. En 2018, levaron a cabo o novo circuíto, actuando tamén en África, Cabo Verde. Así como en varios festivais de renome en Portugal.
En 2019 – «Done», é o segundo longa duración e o primeiro single, «Anonymous Believers» que inmediatamente obtivo máis de 35.000 vistas nunha semana en Facebook.
Os integrantes son: Peter De Cuyper (vocalista), Miguel Décio (voz, guitarra), Mário Moral (voz, guitarra), Carlos Borges (voz, baixo) e Pedro Frazão (voz, percusión).
Zugangsrichtlinien