Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
Julian Maeso é sen duda un dos grandes músicos deste país. Adquiriu unha gran experiencia a base de tocar sen descanso durante as últimas décadas en innumerables escenarios, en solitario, acompañando a artistas: M-Clan, Quique González, Bob Sands Big Band, Irma Thomas, Betty Harrys, Martha High... ou formando parte. de bandas como: The Sunday Drivers, The Blackbirds, Speaklow, The Sweet Vandals, Paxaro, Aurora e The Betrayers, Adrián Costa, Los Saxos del Averno, Gran Cañón (xunto a Carlos Tarque, Leiva, Ovidi Tormo. ..), Combo Paradiso...
Estamos ante un músico para o que non hai barreiras. Dende o Blues ata o Folk Rock, pasando do Soul ao Funk sen deixar atrás esas arquitecturas jazzísticas. Sempre mesturando e alternando as súas guitarras o seu hammond, ese que nos transporta á América dos 70. Julian Maeso ten o don de poder hipnotizarnos a través de esas melodías e ritmos que nos obrigan a pensar na música negra máis ardente. Todo isto conducido pola voz ás veces quebrada de Maeso, ás veces murmurando, ás veces invadindo os nosos corazóns, poderemos desfrutalo o vindeiro 18 de febreiro noutra noite de “Mais que Blues - Cervezas Alhambra”, nun concerto que promete ser inesquecible.
Acompañado por The B Siders ( Luke Jennings / Gregor O'Gregin / Marino Framus ) no Island Club de Vigo, durante máis de dúas horas de show, poderás gozar dun concerto dividido en dúas partes: unha onde destacará pola súa faceta compositiva en a clave de Country, Folk, Pop e outra final onde bailarás sen descanso ao ritmo de Funk, Soul, R&B…. Un final onde Maeso traladaranos a Nova Orleans xusto en pleno Mardi Gras (Entroido) rememorando a figura do emblemático DR. John.
ENTROIDO E MÚSICA EN DIRECTO... RECOMENDÁMOSTE VIR DISFRAZADO E DISFRUTAR DUNHA NOITE MÁXICA
Zugangsrichtlinien