Kaufe Deine Eintrittskarten
Online Verkauf geschlossen
Für mehr Infos setze Dich gerne mit dem Veranstalter des Events in Verbindung.
Die Kontaktdaten des Veranstalters findest Du unter dem Abschnitt "Verantaltet von".
Ereignisdetail
María La Mónica é unha artista de Chiclana (Cádiz) que adereza o flamenco gaditano con outros folclores. No escenario conecta o seu moño ao ceo e mostra a súa arte natural e sincera, creando distintos ambientes nun mesmo show no que se forma un forte lazo de unión co público.
- David León – batería
- Joan Masana – baixo
- Jose Atero – guitarra
- Yaserra Herrera – teclado
- María La Mónica – voz e percusión
Máis de 12 anos traballando na música, e é agora cando decide sacar 'Carretera y Mantra', primeiro traballo discográfico en solitario. Aí reflíctense todas as Marías; reflexiva, positivista e interior, con pinceladas de ironía e o seu claro e aberto sentido do humor.
Tan flamenca como rapeira, onde o baile é un don de fluír, e a percusión unha forma de expresión terreal. Neste proxecto conta con músicos de jazz, latin, funk, flamenco, árabe… cunha longa traxectoria: David León (produtor musical do disco), Jose Atero, Joan Masana e Robert Chacón. A unión das personalidades musicais e humanas da banda é o que fai que o son sexa autentico e novo, aparecendo este novo estilo que ela e eles chaman Afromenco.
Zugangsrichtlinien