Balkan vs Cumbia Galiza

Balkan vs Cumbia Galiza

Go to tickets
Balkan vs Cumbia Galiza

Balkan vs Cumbia Galiza

sala Rebullon. Avda. do Rebullón 23 (10 554,74 km) 36416 Tameiga, Galicia, Spain. See map


Online sales are closed.

For more information please contact the organizer.

The organizer's data is in the "Brought to you by" section.

Description

A festa itinerante que ten revolucionado as pistas de baile de Barcelona, Sevilla, Antwerp, Madrid, Lisboa ou Londres, VOLTA A GALIZA!!!

Mos voltará a sentir a forza dos Balcáns mesturada perfectamente ca mistica enerxía da Cumbia, para crear un baile sen fronteiras ata o amencer.

Teremos dende Vigo a Indy Tumbita & The Voodoo Bandits , cun espectáculo especial para a ocasión, un concerto de pura cumbia amazónica para levarnos a todos de viaxe pola selva.

Ademáis para esta edición tiramos a casa pola ventá e teremos desde Lisboa con raíces mexicanas a Ritmos Cholulteka que ven parar mostrarnos toda a forza da cumbia sonidera. Tamén dende México conexión Barcelona chega Dj GypsyBox, o pioneiro da BalkanCumbia en Europa que xa nos demostrou que nas súas pinchadas non queda outra opción que bailar!

Pechamos o cartel ca familia Brigada SOUND, que estarán ponhendo a fusión de ritmos frenéticos para pechar unha gran noite!

Unha noite imperdible para celebrar a chegada do verán da mellor maneira, BAILANDO!!!

INDY TUMBITA & THE VOODOO BANDITS, aínda que normalmente combinan no seu set de directo a cumbia co surf ou o spaghetti western, preparan para esta ocasión un repertorio únicamente composto por cumbias, sonidos amazónicos ou chicha, repasando, ademáis dos seus temas, algúns dos títulos máis representativos deste xénero. Cumbia del Lagares?, Chicha Olívica?, Exotic Cumbia Rock?... non saberíamos cómo definir o son dos vigueses mais o que sí que podemos asegurar é que non deixarás de cumbiar e bailar na súa festa!!



RITMOS CHOLULTEKA

Procede do que foi unha pequena aldea rural de México e antigamente unha civilización nativa. A mestura da raíz autóctona cós sentimentos populares sempre foi moi influinte no transcurso musical e bailanguero. Dando o resultado de querer intervir ante o público con unha mestura destas dúas raices para enchelos de CUMBIA en alma e corazón, mais co detalle de amplificar o baile e a gozadera con beats electrónicos, balcánicos ou africanos. O punto sabroso é darlle a volta o mundo botando un baile ao ritmo da interculturalidade.



GYPSY BOX

Aínda que é orixinario de México xa fai anos que reside en España, fundou as "Balkan Fever" en 2009, festa que fusiona as músicas balcánicas ca electrónica máis potente e actual, sendo unha das festas pioneiras en levar estes sons á escea de club por todo o estado.


Hoxe en día é un dos Dj's e promotores máis activos da escea Balkan-Cumbia en Europa.

Viaxeiro incansable, xa ten recorrido medio mundo portando este son latino-balcaniko que lle caracteriza.


Na pista de baile é todo un mestre á hora de facerte mover. A súa gran traxectoria por clubs e festivais de Xapón, Arxentina, Chile, México, España, Francia, Dinamarca, Bélxica, Alemania, Inglaterra, Irlanda ... Onde compartiu escenario con artistas como Balkan Beat Box, Shantel, Boban Marcovic, Fanfare Ciocarlia, Chico Trujillo, etc... 

https://www.youtube.com/watch?v=Vp0XgZ5XnAY&t=6s



BRIGADA SOUND


Brigada Sound: Brigada Sound é un colectivo de picadiscos que busca facerte bailar,vibrar e sentir a música, de forma que mentres dure a festa teu corpo só pense en pasalo ben!!


Conta na actualidade con 6 picadiscos de distintos xéneros como balkan, cumbia oureggae que farán da festa unha experiencia dificil de esquecer. Este colectivo leva xa anos montando festas alternativas(Como Shanty Town, A Verbena ou a Noite Mestiza) así como participando nun gran número de festivais(Millo Verde, Revenidas, Reperkusión,Iboga Summer Festival, Reina Loba, BZ Brass, etc.)


Para esta ocasión contaremos con Sapoconcho Sem Poncho e Sir Bajoni que farán as nosas zapatillas trizas. Balkan, Cumbia e Global Bass para rematar a festa como ben merece, por todo o alto!!


Entrada Anticipada:6€

Entrada en taquilla: 8€

Entrada anticipadas en Entradium.com e pronto en puntos físicos na zona de Vigo.


APERTURA DE PORTAS ÁS 21:00H !!!

The promoter has not specified underage access policy, if you have any question please contact directly with the promoter.

Share it!

Brought to you by

Balkan Party!

Details