SUPEROITO (Ordes) celebra o seu DÉCIMO ANIVERSARIO o próximo 21 de Xaneiro de 2021 na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Faino coincidindo coa presentación do seu terceiro disco baixo o lema "10 Anos de Rock, 10 Convidadas de Luxo" no que reinventan os seus mellores temas rodeados de amigos de bandas referencia en Galicia, e acompañados por Acouga (Pazos de Borbén).
Alberto Cereijo (Los Suaves, N.E.O), Tucho (Heredeiros da Crus), Anxela (Bala), Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Gustavo Brea (Nao), Gonzalo Grela (Machina, Broa), O Leo i Arremecághona, Jana (Liska), Brais e Jose (Nuada), Gabri e Carlos (Acouga); elenco de fantasía para unha noite de Rock única e irrepetible.