A Candeloria 2018 - Transporte oficial desde Santiago

Dársena junto Colegio la Salle ¿Cómo llegar?

Evento cerrado

Descripción

No te pierdas uno de los eventos del año - Ya a la venta el transporte OFICIAL para el A CANDELORIA 2018 en LUGO.

INSTRUCCIONES Y CONDICIONES: 

  • EMBARCAMOS 30 MINUTOS ANTES DE LA HORA DE SALIDA.
  • El billete incluye viaje de ida y vuelta.
  • El acceso al autobús se realiza con el ticket recibido (impreso o en formato digital).
  • Las últimas indicaciones se enviarán vía mail a todos los pasajeros en la semana del festival.
  • El autobús debe alcanzar un mínimo de ocupación. De no ser así, se procederá a la devolución del importe íntegro del billete entre 48 y 72 horas después de la notificación.

Si tu ciudad no está dentro de las rutas ofertadas y sois un grupo de personas lo suficientemente grande como para poder sacar una nueva, no dudes en ponerte en contacto con nosotros a través de nuestro mail de contacto: info@festymas.es

1 opiniones

3.0 / 5
Xiana

o ambiente do festival era fantastico e disfrutei moito dos concertos. pero unha das noites ocorreume un incidente que ainda que non foi nada grave creo que deixou en evidencia a organizacion do festival. mentres baila nun concerto de repente claveime un clavo no pe. pedinlle a miña amiga que me sacara de ali e sentada no chan intentamos quitalo pero non eramos capaces e tampouco podia quitar o zapato. a miña amiga foise a buscar a enfermeria. como tardaba tantisimo outra compañeira falou co un dos seguratas, que nos dixo que non habia enfermeria, o cal é obrigatorio nun festival. nos festivais a xente fai pogos en cada concerto e emborrachase e drogase en xeral. as probabilidades de que pase algo son tan grandes que non podo creer que na quinta edicion dun festival non se poña unha enfermeria, pareceme tan insensato como absurdo. o peor e que non so non habia unha enfermeria para atenderme naquel momento senon que aorganizacion non estaba preparada para actuar. o segurata co que falei axudoume a trasladarme ata o outro lado da sala de concertos, á entrada. ali seguin esperando outro bo cacho ata que regresou a miña amiga con un membro do persoal que me dixo que 'iban a avisar ao director' e se foi. a miña amiga contoume que xa lle dixeran que non habia enfermeria e que a mandaran a buscar onotiquin da cafeteria, pero estaba desprovisto e de todos xeitos un cravo do pe ten que sacarcho un profesional. Despois doutro cacho esperando viu o director do festi e dixome 'que dende a direccion ian chamar unha ambulancia'. chegaron outros dous señores que creo que tamen eran directores e quedaronse ali conmigo xunto co segurata e a miña amiga. No tempo que seguin esperando ali foronme facendo preguntas tipo 'cantos anos tes' 'doeche?' e tamen me dixeron que 'o sentian moito' e que 'ainda que houbese enfermeria non podian facer nada'. A verdade e que min me parecia que estaban acojonados e me intentaban complacer como podian. eu tomeime a sintuacion con calma e mostreime tranquila ainda que estaba un pouco angustiada con todo. cando porfin chegou a ambulancia igual xa pasara hora hora dende que me clavara o cravo. como dixen ao principio non foi nada grave por sorte e quitaronmo sen problema. Iso si, tiven que pedir no hospital que me chamaran un taxi porque tiña o movil sen bateria e estaba soa. tamen tiven que pagar 17 euros do taxi de volta ao festi. Funme directamente a durmir, e ninguen da organizacion sabia nada de min dende que me fora na ambulancia, ao igual que non se preocuparon de acompañarme ou pagarme o taxi, ben podia seguir no hospital co pe desangrandose que eles non o sabian. a maña seguinte deberon de respiran moi tranquilos cando me veron coxeando por ali. en fin, non sei se este comentario se publica ou vai para a organizacion do festi, pero pareceme unha vergonza ser tan irresponsable de non so non ter unha enfermeria nun festival, senon que ademais non saber nin como reaccionar ante unha situacion asi. queen lugar de chamar a unha ambulacia ao momento, esteas 20 minutos buscando ao director para que veña persoalmente a evaluar a gravedade da situacion (para saber como de jodido esta). Que eu me clave un cravo no é culpa de ninguen, pero si chega a pasarlle algo grave a alguen xa podia ter morto ali na hora que tardou a ambulancia. e aparte de estar incumplindo a ley, so fan falta dous dedos de frente ou que che importen un pouco as vidas das persoas que estan ali para estar preparado para calquer problema. espero que na proxima edicion do festival fagan o que teñen que facer ainda que so sexa por medo a que os denuncien, que xa desmostraron o que lle importa o benestar das persoas que lles dan cartos.

24/03/2018 29/01/2018
Cargar más opiniones

Cómo llegar

Dársena junto Colegio la Salle
Rúa de Ramón del Valle Inclán, 4
Santiago, A Coruña

Organizado por

Festy+

Donde comienza tu aventura...

Ver más