MAXIA EN ESTADO PURO (MAGO RICHARD)

Teatro del Andamio ¿Cómo llegar?

Evento cerrado

Descripción

Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar; Unha mestura de

maxia e fantasía con efectos sorprendentes e coa participación activa do público alí presente. No

espectáculo faise un pequeno percorrido polas distintas especialidades que ten o ilusionismo

mediante xogos de maxia en clave de humor, co que conseguimos un espectáculo dinámico e

divertido, que consegue facer rir o público máis diverso.

 

Poderemos ver cordas que se cortan e se unen de forma máxica, panos que viaxan e desaparecen,

cartas pescadas do aire, libros que se tintan coa mirada do público, estrelas que aparecen das orellas

dos rapaces e incluso unha nova forma de cociña, a Gastromaxia. O espectáculo, que dura 60

minutos, remata cun clásico, “A guillotina” pero cunha presentación singular onde a tensión propia

do xogo queda diluída nunha situación cómica e moi divertida

 

 

1 opiniones

4.0 / 5
Patricia

Un espectáculo muy participativo. Los niños se lo pasaron genial.

09/10/2018 04/10/2018
Cargar más opiniones

Cómo llegar

Teatro del Andamio
calle Suárez Ferrín 10 Bajo
A Coruña, A Coruña

Organizado por

TEATRO DEL ANDAMIO

Ver más