Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
A tartaruga Manola é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do lugar onde vivimos todos os seres vivos, o noso planeta, e como debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois de nós.
Manola é unha simpática tartaruga que vive tranquila nun pequeno estanque na casa duns seres humanos, ata que decide emprender unha gran aventura na que primeiro, comprobará asustada como a contaminación, a deforestación e a falta de auga están a cambiar para mal toda a súa contorna, despois aprenderá que é o que podemos facer para deter esta terrible degradación do medio ambiente, e finalmente, tomará a decisión de contarllo a todo o mundo para que cada un achegue o seu gran de area no coidado do que a final de contas, é a nosa casa, a casa de todos e de todas.
A través de divertidas cancións e do encontro con personaxes curiosos (Un ourizo, unha anguía, unha tartaruga anciá...) acompañamos a Manola na súa viaxe, no que se atopará con situacines perigosas que aprenderá a resolver, ben ela soa, ou ben coa axuda doutros.
Manola fará esta viaxe aprendendo, e con ela, os nenos, as nenas e tamén os adultos, aprenderemos con ela como cada un de nós pode actuar cambiando certas actitudes no noso día a día, para así entre todos, seguir mantendo limpa e agradable nosa casa, o noso planeta.
DURACIÓN: 50 MINUTOS
ESPECTÁCULO RECOMENDADO PARA NEN@S A PARTIR DOS 3 ANOS
Política de acceso