Amparo, nova cantautora viguesa, ofrecerá xunto a Bea a de Estrella, cantautora vilaboesa, un man a man de cancións e de emocións. Acompañadas dunha banda de músicos, esta noite nos propoñen un concerto de voces cálidas para sentir, disfrutar e vivir unha viaxe musical polos seus repertorios, a presentación dos temas do primeiro álbum de Amparo, e a presentación do disco Mareira, de Bea a de Estrella.
Amparo, @by.amparo, de 18 anos, comeza aos 6 súa formación musical na Escola de Música Allegro, nas disciplinas de piano, guitarra e canto. Aos 14 anos presenta a súa primeira composición "enteira", e aos 17 da os seus primeiros concertos. Esta formación compaxínaa dende nena coa teatral na escola de teatro Albatros e en Jana Producciones, orientándose polo teatro musical como actriz e directora de coreografías. Define a música, a súa paixón, como a arte de emocionar, coidando moito as súas letras.
Bea a de Estrella, @beaadeestrella é unha contadora de historias vividas e sentidas, sentir as palabras e acariñar melodías, crear lugares, e disfrutar dun momento único: a emoción e a música. Cantautora de sentimentos e emocións propón unha viaxe musical, a súa voz cargada de forza e con variedade de rexistros propoñen un universo onde o público queira adentrarse. Son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, forman parte da sua estética. Nominada aos Mestre Mateo, e os premios ALPE polo proxecto solidario e a visibilidade das enfermidades raras co vídeo Mi punto de vista do disco Mar de fóra. Participou entre outros no Festival Corazón e Bravura e Noroeste Estrella Galicia. Bea a de Estrella ven de publicar o seu último traballo, Mareira, no que participan, entre outros, o cantautor cubano Pablo Milanés.