Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Para darvos un empurrón no comezo da fin de semana anunciamos o terceiro evento de recadación de fondos do Ollie Navia!
Esta vez verémonos na Kominsky o venres 29 de marzo a partir das 20h nun evento con 6 actuacións que viaxarán dende o punk ata o metal pasando polo rock plaiero ou por sons electrónicos máis experimentais.
La DGT
La DGT é unha banda de punk vigués fundada en 2023. Foi creada por tres individuos que se atopaban na desafortunada circunstancia de vivir nun mundo repugnante. A través das súas letras, pretenden burlarse do sistema que estamos obrigados a soportar. Influenciados por bandas como Idels, La Polla Records, Kaotiko e Motorhead; achegan unha enerxía potente aos seus concertos, tocando duro, rápido e coma sempre, facendo moito ruído.
Eskravos
Os eskravos son unha banda de raparighos galegos ós que lles gusta cagharnse en todo o que poden pero sobre todo no capitalismo e nas suas consecuencias.
Caramuxos de Samil
Probablemente veñan de tomar o sol toda a tarde na praia de Samil. Preparade a vosa crema solar para escoitar as cancións máis plaieras de costa galega
Europeos Pálidos
Punk retorcido, psicodelia oscura, música para a hecatombe. Disciplina, non repetición.
Hexenon
Dúo de Industrial Metal composto por Saizo (Voz) e Fizzy (Guitarra) influenciado tanto polo Industrial Metal: Static-X, Nine Inch Nails, Celldweller... como polo Nu Metal: Deftones, Limp Bizkit, Nothingface...
Markn + Sacoga
Artistas multidisciplinares que se autoproducen a todos os niveis. Influenciadas pola música de Yung Lean, Porter Robinson, underscores, Oklou, EDEN, Brakence, Viva Belgrado, Beach House ou Sufjan Stevens. Con experiencia en dirección audiovisual, ilustración, animación 2D, fotografía e diseño de videoxogos. Producen videoclips e curtametraxes baixo o nome de Color2Dark
Política de acceso
Comentarios
1