Neura. De producciones De Ste Xeito

Auditorio Edificio Multiusos. Rúa de Curros Enríquez s/n, Santa Comba - Mapa ikusi
Data desberdinak -
Antolatzailea Concello de Santa Comba
Promoter s logo sc

Zure sarrerak erosi

Online salmenta itxita.

Informazio gehiago jasotzeko ekitaldiaren antolatzailearekin harremanetan jarri.

Antolatzailearen datuak "Antolatzailea" eremuan daude.

Ekitaldiaren deskribapena

Xénero: teatro comedia

Idade recomendada: adulto (+12 años)

Idioma: galego

Duración: 75 minutos


Con  motivo da efeméride do Día Mundial da Saúde Mental (que se celebra o 10 de outubro), o Ciclo de Artes Escénicas do Concello de Santa Comba acolle o venres 11 Neura, unha comedia neurótico-festiva na que todas e todos nos veremos reflectid@s.


NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.


Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que a que fora unha parella volva atoparse en distintas circunstancias, sendo así obrigada unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.


Risas e diversión están aseguradas nesta producción gamberra pero ao medmo tempo profunda.


Ficha artística e técnica:

Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal

Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías

Deseño de iluminación: Jorge Ramos Mourín

Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Produción: De Ste Xeito Producións: Stephanie Llaryora Arana e Steve Domínguez Fernández



NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.


Sarbide politika

Ekitaldi honek ez du murrizketarik adingabekoentzat.

Bideoa

Galeria

Iruzkinak

2
Excelente
Muy buena interpretación, obra muy amena ,divertida de ver , rápida, muy buena complicidad entre los actores
Silvia Castro 2024/10/11 egunean joan zen
Risa constante
Boísima. Tremendo traballo dos intérpretes que conseguen de principio a fin debuxar ao espectador un sorriso na cara e rachar a rir en multitude de ocasións.
Andrés E Alicia 2024/10/11 egunean joan zen
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.