A compañía PEDRAS DE CARTÓN tráenos o seu segundo espectáculo que estrea na nosa sala.
Unha obra para ver e escoitar de preto. Unha delirante serie de contos de William Shakespeare adaptados para toda a familia, a través da mestura de comedia, narración oral, o teatro de obxectos e as instalacións artísticas. Ven descubrir como eran as vellas barracas de feira con curiosos artefactos.
Esta compañía, creada hai só uns anos polo actor e director Juan Rodríguez, cunha longa experiencia no teatro para os máis pequenos, xa gañou o Premio Barroco Infantil no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro coa súa anterior peza.
Duración aproximada: 50 minutos