Por primeira vez o Concello de Santa Comba propón, no marco do seu ciclo de Artes Escénicas do 2024, unha montaxe de teatro clásico.
A compañía de teatro Noite Bohemia representa a que Aristóteles consideraba como a máis perfecta das traxedias gregas.
Edipo Rey de Sófocles é un drama de revelación que propón a procura do que se esconde tras as aparencias, a indagación na esencia do que un é.
A peste e unha longa epidemia arrasan Tebas. Tras a consulta ao oráculo de Delfos, Edipo entenderá que o remedio a ese mal esixe vingar a morte do anterior monarca, Layo.
Cun manexo maxistral da ironía tráxica, este espectáculo pon en escena o paulatino desvelamiento dos detalles do ascenso do protagonista ao trono, así como o descubrimento final da súa condición de parricida e esposo da viúva do seu pai, a súa propia nai.