EN EL BOSQUE UN CLARO - EDDI CIRCA, RAXET1, HIELY, ANA VENCESLÁ

EN EL BOSQUE UN CLARO - EDDI CIRCA, RAXET1, HIELY, ANA VENCESLÁ

Ver entradas
EN EL BOSQUE UN CLARO - EDDI CIRCA, RAXET1, HIELY, ANA VENCESLÁ

EN EL BOSQUE UN CLARO - EDDI CIRCA, RAXET1, HIELY, ANA VENCESLÁ

SALA KOMINSKY. SALA KOMINSKY - Rúa dos Irmandiños, 3, Santiago de Vigo, 36201 . Ver mapa


Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Descripción

EN EL BOSQUE UN CLARO (EEBUC) é o directo experimental e efervescente do último disco de Eddi Circa.

Apostando por melodías atemporais, tres músicas e unha artista visual perseguen o que chaman EL CLARO DEL BOSQUE. Este é o lugar e o momento intermitente e misterioso no que algo se entende, por pequeno que sexa. Este concepto, inspirado na obra filosófica de María Zambrano, Claros del Bosque, propón que o acceso á Verdade e á Felicidade sexa intermitente. Esta forma de entender a realidade que se afasta da epistemoloxía tradicional e masculina invítanos a manter unha conversa co Mundo rexido pola valentía de nunca comprender plenamente, de respectar o misterio, de nunca asentarse.

EN EL BOSQUE UN CLARO e no claro catro cervas é unha viaxe por imaxes e poemas de romances, pelexas, amizades e amarguras vividas dende a subxectividade queer. Dezaseis cancións e reflexións berradas.

A peza foi presentada en marzo de 2023 no Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque e tras a primeira liturxia, os catro artistas levarána a diferentes salas e centros culturais do Estado español a partir de febreiro de 2024.

Este concerto forma parte do peche da Inauguración da produtora audiovisual CRU, formada por Bea Saiáns e Iris Justo.  "Nacimos o 8 de Marzo de 2022, desde esa data devolvemos os nosos recursos ao underground, o noso hábitat. onde existe unha infinita capacidade de transformación e talento, que para moitos ollos é invisible, pero que nós abrazamos e elevamos. priorizamos equipas creativas e técnicas de mulleres ou persoas LGTBQIA+ para paliar a desigualdade de acceso destas ao universo do cinema e ás que brindamos un entorno seguro para traballar".

En este caso el promotor no ha especificado la política de acceso a menores, si tienes cualquier duda te animamos a que te pongas en contacto directamente con él.

Vídeo

1 Opinión Ver opiniones

Opinión verificadaAsistió el 24/02/2024
Sublime
Do mais lindo que vin nunca, maxia pura entre elas. Increíbles!
Alba
25/02/2024

¡Compartir!

Organizado por

CRU

Ver detalles
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.