Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
A música de Enxeito encádrase no xénero funk, engadindo dende un primeiro momento as letras e os flows do rap e mesturandoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal.
Tras un primeiro traballo autoproducido e autoeditado, Óscar e David atopan a Montse, Adri e Marcos, os compañeiros ideais para andar o camiño do FUNK.
Logo dun primeiro achegamento para probar as súas forzas, a banda consolídase a finais de 2018 tendo a súa base de operacións en Bueu.
Dende aquel momento o grupo foi gañando presencia e cohesión no escenario conectando moi ben co publico e chegando a dar concertos en cada vez máis festivais e salas recoñecidas coma o Aturuxo ou o Vilariño Folc. Xa no 2020 preséntanse ao EDP Live Bands con 2 temas en adianto do seu inminente disco "Superfunk" cos que son seleccionados polo xurado para chegar á final do concurso entre máis de 400 bandas.
Enxeito son:
- Montse (saxo)
- Marcos (baixo)
- Adri (batería)
- Óscar (guitarra e voz)
- David (voz)
Política de acceso
Comentarios
2