Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Este obradoiro ten como destinatarias a todas as persoas que se queiran iniciar na música tradicional galega, concretamente na percusión de man. Aprenderemos ritmos básicos da nosa cultura, dende o valse, a mazurca e o pasodobre, ata a muiñeira ou a xota, comezando pola colocación da pandeireta e incrementando o nivel progresivamente ata poder tocar e cantar unha canción sinxela que interpretará todo o grupo ao final do obradoiro.
- Duración: 1 hora e 15 minutos
- Idade mínima recomendada: 15 anos
- Aforo máximo1: 20 persoas
- Grao de dificultade: Iniciación
Por favor, antes do obradoiro le con atención as seguintes indicacións:
A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:
- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reducións, nin devolucións das entradas reservadas.
- Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a duración do obradoiro.
- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.
- Lectura detida da sinalética e carteis.
- Especial atención, ademais, ás indicacións do persoal.
- A entrada e saída realizarase de forma progresiva e escalonada.
- Manterase a separación de seguridade interpersoal de 1,5m.
- Evitarase, na medida do posible, facer grupos en entradas ou saídas que poidan entorpecer o fluxo de circulación das persoas participantes.
- Non asistir ao obradoiro se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir á actividade.
- Non se poderá acceder ao recinto con comida.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do espazo daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do obradoiro.
Política de acceso