Premio do Público de Festiclown 2018. Espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público co mundo da gastronomía de fondo. Dous recoñecidos chefs chegan á vila nunha peculiar food-truck coa idea de amosarnos as súas habilidades, pero as cousas non acaban de funcionar como desexan… Un espectáculo que mestura disciplinas moi variadas e no que os nosos chefs ofrecerán as súas creacións culinarias nunha proposta que nos vai abrir o apetito e as ganas de rir.
RECOMENDADO PARA TODOS OS PÚBLICOS
DURACIÓN: 60 MINUTOS