TIRULEQUE NO GARUFA CLUB. 20 ANIVERSARIO. A CORUÑA

TIRULEQUE NO GARUFA CLUB. 20 ANIVERSARIO. A CORUÑA

Ver entradas
TIRULEQUE NO GARUFA CLUB. 20 ANIVERSARIO.  A CORUÑA

TIRULEQUE NO GARUFA CLUB. 20 ANIVERSARIO. A CORUÑA

Sala Garufa Club. Rúa Riazor Nº 5. Ver mapa


Venta online cerrada.

Para más información pregunta al organizador del evento.

Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".

Descripción


Tiruleque celebra o 20 aniversario da súa fundación onde recupera un repertorio de todos os seus traballos cunha escolma do seus mellores temas, a edición dun disco recompilatorio “Tiruleque 20 anos no camiño” e unha xira de concertos baixo o mesmo título.

Durante o treito do concerto interpretan algúns dos mellores temas dos catro traballos discográficos que até o momento ten o grupo, evidenciando tanto a evolución musical e estética como a diversidade de formacións polas que históricamente foi pasando a banda. ofrecendo unha experiencia inesquecible tanto para a banda coma para o público


Tiruleque nace como banda no 2002, ano no que cinco rapaces da Coruña procedentes da música tradicional, comparten as súas inquedanzas. Xurde así un proxecto musical que intenta desde un primeiro momento, mesturar un repertorio baseado en recollidas e cancioneiros tradicionais con outras moitas influencias e pezas propias. Esta evolución ao longo dos anos, leva ao grupo a engadir distintos instrumentos cos que levar máis aló esa tradición e creatividade. Deste xeito, a banda consegue acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio recoñecible desde a primeira escoita que se plasma nos discos autoproducidos Tiruleque (2009), Mu!! (2013) e Outro que tal baila (2018).

Este camiño estivo marcado por centos de experiencias que forman parte do que hoxe é Tiruleque. Lugares, escenarios e persoas que marcaron o devir do grupo e o seu repertorio, que tivo a sorte de formar parte activa dese mundo vivo que une aos galegos e galegas nas romarías, foliadas, bailes e demais encontros que celebran a cultura do país.

Nos concertos van da man a pandeireta e o contrabaixo, a muiñeira e a cumbia, o pandeiro e o ukelele, o saxo e o porco de goma. Elementos que nun principio non se imaxinan xuntos son asimilados e devoltos dunha forma propia e ao mesmo tempo universal, buscando - como eles mesmos din - “contaxiar o mesmo entusiasmo, alegría e espírito festivo que sentimos nós cando escoitamos estas músicas por primeira vez”.

http://www.tiruleque.com

Facebook: https://www.facebook.com/tiruleque

Spotify: https://open.spotify.com/artist/3kwUK8Y8H79MQiYQdlnJoo

iTunes: https://itunes.apple.com/us/artist/tiruleque/id824192888

http://www.youtube.com/tiruleque2002

Política de acceso

Os menores deberán ir acompañados de padres ou tutores legais.

Vídeo

3 Opiniones Ver opiniones

Opinión verificadaAsistió el 30/04/2022
Festa Rachada!!
Un concierto xenial e a tope de enerxía. Para os/as que aínda non os coñezan, vanse sorprender coa gama de rexistros que manexan. E perfecto para todos/as os/as bailadores/as.
Marian
2/05/2022
Opinión verificadaAsistió el 30/04/2022
Ogallá haxa mais concertos asi
Ogallá Haxa Mais Concertos Asi
1/05/2022
Opinión verificadaAsistió el 30/04/2022
Divertidos
Merece la pena
Sonia
1/05/2022

¡Compartir!

Organizado por

Tiruleque

Ver detalles
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.