Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Un percorrido polo centro histórico coñecendo os personaxes e fitos que fixeron da cidade o eixo do anovamento das letras e a cultura galega. Un paseo de dúas horas a pé no que descobriremos un Vigo case descoñecido, o Vigo coma xerme dun sentimento que revitalizou e sacou do esquecemento a nosa cultura.
Unha nova ruta polo centro de Vigo para vigueses e viguesas así como para curiosos que queiran saber máis sobre VIgo como a cidade motor e capital das letras galegas dende os anos 50. Unha década na que Galicia asiste a unha explosión cultural cun lugar como epicentro da acción, Vigo. Unha cidade aberta e cosmopolita, gracias ao seu porto, onde coinciden uns homes e mulleres decididos a recuperar e espallar a lingua e cun alicerce intelectual fundamental chamado Francisco Fernández del Riego, don Paco para os máis achegados, que neste 2023 é ademais a figura homenaxeada no día Das Letras Galegas.
Un roteiro cultural necesario para entender máis e mellor o lugar onde vivimos, un Vigo coma berce da língua con aqueles sobranceiros trobadores da alta Idade Media que xa foron homenaxeados de xeito conxunto no ano 1998, a única homenaxe colectiva que ten habido ata agora. Un Vigo coma porto e cidade de progreso e oportunidades onde Rosalía atopou a imprenta precisa para publicar os seus sentimentos pola terra, e, sobre todo, o Vigo dos 50’ e a figura de Fernández del Riego, coma elo que une o galeguismo das Irmandades da Fala ata a chegada da democracia e os nosos días. Un personaxe moi singular e querido que deixou unha grande pegada na cidade e os lugares que acostumaba frecuentar e que nós agora visitaremos aportando datos e anécdotas.
Co profesor de historia e descendente dalgúns dos protagonistas, Alfonso Álvarez.
Alfonso Álvarez, historiador e profesor e familiar directo de figuras relevantes das que imos falar coma o seu tío avó Xose María Álvarez Blázquez, o seu avó Dario Álvarez Blázquez ou o seu pai Alfonso Álvarez Gándara, decano do Colexio de Advogados de Vigo e tamén escritor.
Falando con familiares e coas suas propias vivencias retrata un Vigo considerado como gran capital do galeguismo da época e lévanos da mán nun roteiro cultural necesario para entender máis e mellor o lugar onde vivimos.
Descobre e sorprende co Vigo galeguista de nomes e figuras tan populares coma Manuel Gomez Román, Xose María Álvarez Blázquez, Valentín Paz Andrade, Fermín Penzol, Tita Cal ou a editorial Galaxia.
Co apoio e coordinación do guía oficial Borja Concheiro, guía especializado en cultura e historia de Vigo que tamén aporta os seus coñecementos e experiencia.
O punto de partida será a Praza da Princesa xunto á Praza Porta do Sol para rematar aproximadamente dúas horas despois na Alameda ou Praza Compostela.
Prezo por persoa (IVE incluído)
Adultos: 10 €
Adolescentes (de 12 a 18 anos): 7€
Menores de 12 anos: de balde (previa reserva)
O prezo inclúe
Ruta guiada e interpretada polo centro de Vigo
Guías acreditados e expertos en historia e curiosidades da cidade
Seguro de responsabilidade civil
Máis información
Duración da visita: 2 horas aprox.
En grupos de 30 persoas como máximo ou o que permitan as restricións sanitarias
Idioma: galego
Punto de encontro: Praza da Princesa xunto á fonte do Anxelote
Visita accesible e inclusiva
Pago seguro con tarxeta a través de Banco Sabadell Gallego (crédito ou débito)
Contacto
Vigo Turístico
www.vigoturistico.com
Whatsapp/Teléfono: 654 22 69 94
vigorturistico@gmail.com
Condicións xerais do servizo
As visitas guiadas que non acaden un número mínimo de 5 inscricións poderán ser canceladas cun mínimo de 2 horas de antelación e aviso previo.
A cancelación da visita por parte da organización será a única causa admitida para a devolución do importe correspondente.
Non se aceptarán cambios ou devolucións por outros motivos.
Política de acceso
Comentarios
1