Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Despois de case 15 anos xuntos sobre os palcos, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.
A súa é unha proposta para todos os públicos, para quen adora o jazz e tamén para quen nunca o probou. Despois da boa acollida dos seus anteriores discos, Orixe Cero (2011) e Ectropía (2014), nos cales plasmou o seu particular son cargado de jazz, pop, música clásica, rock progresivo e outras moitas influencias, o trío presenta Realismo, un disco producido polo Hevi (Malandrómeda) onde explora sonoridades máis electrónicas e efectos, sempre partindo dos instrumentos acústicos.
Política de acceso
Comentarios
1