Sélectionnez vos billets
Vente en ligne fermée.
Pour plus d'informations, posez vos questions à l'organisateur de l'événement.
Les informations de l'organisateur sont dans la section "Organisé par".
Description de l'événement
A noite do 4 de maio imos de foliada á Sala Sónar! Da man de dúas bandas formadas por músicos referentes para o noso panorama musical. Mediarea e Os d'Abaixo presentan os seus últimos traballos bebendo do folk galego e universal para convertir o local nun auténtico torreiro da festa.
Os d'Abaixo presentan "Somos a pedra", unha traballo discográfico no que a liña tradicional que caracteriza ao grupo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias. A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia. Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua.
Mediarea, pola súa banda, achéganos "Sebo de Ghrilo", un repertorio sobre unha formación de instrumentos galegos, unha proposta sólida, coherente e tremendamente poderosa. Cos pés postos na tradición e a ollada no futuro. A mellor música de festa galega en estado puro.
Politique d'accès