selecciona as túas entradas
Venta online cerrada.
Para máis información pregunta ao organizador do evento.
Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".
Descripción do evento
FICHA ARTÍSTICA
Autor: Diego Rey
Dirección: Diego Rey
Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo
Ficha técnica
Idioma: Galego
Duración: 65 minutos
Comedia
Idade recomendada: maiores de 12 anos
As seguintes preguntas son serias, pero neste espectáculo de comedia trataran de contestarse do xeito máis divertido posible, porque case sempre na vida é mellor rir que chorar. E cando se trata de sexo, pois aínda máis...
Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións?Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así?
Intentemos fixarnos nas publicacións, na música,na publicidade... Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Política de acceso
Comentarios
1