O Xardín Encantado

O Xardín Encantado

Ver entradas
O Xardín Encantado

O Xardín Encantado

Aturuxo Bar. Aturuxo bar, Rúa de Pazos Fontenla, Bueu, España. Ver mapa


Venda en liña pechada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descrición

Viser

Música en estado puro. Folk, soul, latin music, tex-mex fronteirizo, country rock, rumba axúntanse con guitarra, voz, harmónica e percusión nun trepidante repertorio de autor, no que non falta a canción con conciencia, mantras do camiño e algunha que outra versión clásica, co que nos deleitará Viser neste concerto en solitario.

Zeltia Irevire

Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Na primavera do 2019 incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín comeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal.

As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san no medio e difundir a mensaxe de protexer a nosa cultura e o bosque autóctono.


Cloverwind

O grupo Cloverwind creouse a finais de 2012 co obxectivo de achegar as raíces celtas mesturando o folk tradicional irlandés e vasco. 

Irantzu Garamendi e Gotzon Batikon foron os compoñentes que empezaron a levar a cabo este proxecto. O proxecto parte de querer dar a coñecer a música irlandesa polo País Vasco.

Compoñentes:

  • Oier Garamendi: voz e pandeiro.     
  • Irantzu Garamendi: frauta travesa, whistles, txistu e frauta.
  • Félix Cortázar: bodhran.
  • Clara Junguitu: violín.
  • Unai Olaso: bouzuki, guitarra e baixo.

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Vídeo

Compartir!

Organizado por

Aturuxo Bar

Ver detalles