Concerto de fin de xira de Loita Amada na Capitol + convidadxs

Sala Capitol. Rúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña - Vedi mappa
Varie date -

Acquista i tuoi biglietti

Vendita online chiusa.

Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.

I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".

Descrizione dell'evento

LOITA AMADA PECHA A SÚA XIRA EN SANTIAGO CUN CONCERTO ÚNICO E CHEO DE EMOCIÓN

O próximo 17 de xaneiro, a emblemática Sala Capitol de Santiago de Compostela converterase no escenario do derradeiro concerto da xira de Loita Amada, unha das bandas máis destacadas do panorama musical galego. Este evento, que marca o final dunha intensa tempada de concertos, será unha noite inesquecible para o público, cun espectáculo repleto de sorpresas, colaboracións de luxo e unha proposta única que une música e compromiso social.

Desde os seus inicios, Loita Amada evolucionou dun proxecto de canción protesta acústica a un potente directo de rock e punk. Co seu segundo álbum, Rematou o Simulacro, gravado nos Estudios Garate baixo a produción de Kaki Arkarazo, a banda conseguiu consolidar o seu son e levar a súa música por toda Galiza, Euskal Herria e Catalunya, con máis de 30 concertos neste ano. Este concerto en Compostela, o número 34 da xira, será unha oportunidade única para revivir os temas máis emblemáticos da súa traxectoria e descubrir algunhas xoias do repertorio de NAO, a anterior banda de Jásper e Amós.


COLABORACIÓNS QUE FALARÁN POR SI SOAS

A banda estará acompañada no escenario por artistas de excepción, como Tanxugueiras, Hugo Gz e Álex Arnoso (ex-SondaRúa), Xiana Lastra (A Banda da Loba) e Luken Arkarazo, entre outros. Estas colaboracións prometen engadir unha nova dimensión emocional e sonora ao espectáculo, facendo desta noite algo irrepetible.


A DESPEDIDA DE ODOLAREN MINTZOA EN GALIZA

Para redondear a noite, Loita Amada contará coa compañía de Odolaren Mintzoa, a banda vasca que está a realizar a súa xira final. Este concerto será a súa última data en Galiza, converténdoo nunha oportunidade única para desfrutar dun directo cargado de intensidade e despedirse dun grupo que deixa unha fonda pegada na escena musical vasca.


ENTRADAS E PACKS ESPECIAIS

As entradas online xa están dispoñibles aquí mesmo, en Entradium, pero tamén podes optar polos packs especiais en Afouta, que inclúen entrada, camisolas, CDs e outros accesorios, ideais como agasallo para este Nadal. As entradas tamén están á venda en formato físico no café A Gramola (Praza de Cervantes, 10), en Santiago de Compostela. 

Non perdas a ocasión de formar parte desta despedida antes do seu parón creativo. 17 de xaneiro, Sala Capitol, Santiago de Compostela. Reserva a túa entrada e vive unha noite única!

Politica di accesso

In questo caso il promotore non ha specificato la politica di accesso ai minori, per qualsiasi dubbio ti invitiamo a contattarlo direttamente.

Video

Commenti

9
Moi boa música
Moi bo ambiente, bo son, concerto espectacular
Ansel Noia Ha partecipato il 17/01/2025
Unha nova experiencia totalmente recomendable
Malia ser unha nova experiencia -un concerto de música galega, nunha atmósfera- foi moi tranquilo e tiven a fortuna de poder disfrutar da música e da compañía sen sentirme agobiada. Sen dúbida unha experiencia recomendable.
Ana Ha partecipato il 17/01/2025
Maravilla
Impresionante, sin palabras...
Guille Ha partecipato il 17/01/2025
TREMENDOOO
un ghustaso sempre que a música acolla tódalas loitas dun pobo sen fronteiras nun espazo tan seguro e amábel
Sanxur Ha partecipato il 17/01/2025
Non hai simulacro
Foi sensacional. Loita Amada ten un directo potentísimo. Sería igual de bo aínda que só tocaran eles. Jásper é un monstro no escenario e un líder nato. Gústanme todos pero tenme marabillado Ana, a nova trompetista e a máis nova do grupo; ten todo, parece que levara toda a vida actuando.
Felipe Gallego Ha partecipato il 17/01/2025
Noi e i nostri partners utilizziamo cookie propri e di terze parti con il fine di offrirti il ​​servizio correttamente, analizzare le visite effettuate alla nostra web e, in casi specifici, mostrarti pubblicità e consentirti di condividere contenuti sui social network. Puoi ottenere maggiori informazioni sui cookie, consultando la nostra Politica sui Cookies.