Acquista i tuoi biglietti
Vendita online chiusa.
Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.
I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".
Descrizione dell'evento
Músculo! veñen de gravar un auténtico discazo.
Un traballo que deixa claro o seu crecemento e evolución. Ferror Records editamos en vinilo "Ulla", electrónica con denominación de orixe. O Ulla como continente de recordos e vivencias. Como a terra, a auga e a pedra sempre presentes...“O Ulla e o seu entorno é o que vemos todos os días, é o paisaxe de fondo de case todo o que nos aconteceu dende que eramos nenos. De unha forma ou de outra acaba dentro do noso subconsciente e termina sendo parte de un mesmo. Alí vivimos momentos irrepetibles e inconscientemente tíñamos unha necesidade vital de darlle un papel importante neste disco. Non deixa de ser unha homenaxe ó Ulla pero tamén é unha forma de mostrarnos tal e como somos”.
O concepto do disco xurde “mentres compoñíamos a canción ‘Ulla’ e a partir de aí comezamos a construír todo o concepto do disco. Para a portada queríamos algo que tivera o río Ulla como protagonista. Saímos co noso amigo Carlos Beiró a capturar o entorno con un dron e aí atopamos a imaxe para a portada.
Do deseño encargouse Rubén Dominguez (Prenom, Pantis, Telephone Rouges)”. A nivel sonoro percibimos unha evolución clara e conseguen soar como sempre
pretenderon... “Neste disco deixámonos levar en termos de composición e de son. Onde no pasado nos autocensuraríamos agora encontramos a nosa maior inspiración. Tivemos especial coidado en ir producindo e mesturando durante a composición e gravación, de tal forma que sempre fomos conscientes do resultado final. Cremos que o disco é moi
variado, aínda que todas as pistas teñen algo en común: Saíron dunha forma moi natural, sen forzar. Liberdade absoluta. Para a masterización contamos con Eloy Platas, que
cremos que fixo un moi bo traballo.
O son de este disco é o resultado da experimentación e do aprendido en traballos anteriores. É a nosa evolución natural. Usamos texturas de todo tipo: Momentos limpos e
preciosistas, pistas distorsionadas ata o seu límite ou pads entrecortados e crebados. Abundan as seccións de corda que aportan os momentos máis emotivos e instrumentos orgánicos integrados nun entorno electrónico. Facemos electrónica, case sempre buscando un son orgánico”.
Eles o teñen totalmente claro, e os que entren realmente no disco tamén: “Este é o noso traballo máis persoal, do que estamos máis orgullosos e no que cremos que nos
acercamos máis a donde queríamos chegar, en termos de concepto e son. A xente encontraráse con un disco sobre todo sincero. Estamos moi ledos co resultado e esperamos que sexa un punto de inflexión na nosa carreira como grupo. Este é un disco para deixarse levar e bailar serio”.
Politica di accesso
Commenti
1