Acquista i tuoi biglietti
Vendita online chiusa.
Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.
I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".
Descrizione dell'evento
NÚRIA GRAHAM AO VIVO
A maxia chega a Lugo.
Concerto e cea: 11 de novembro de 2021.
Espazo Vexetarian, Factoría Caldiae (Códex Cinema), Praza Viana do Castelo, 4; Lugo.
Concerto: 12€ anticipada, 15€ día do concerto
Concerto e cea: 30€ anticipada, 33€ día do concerto.
HORARIOS:
Apertura de portas: 20:30h
Cea: 21h.
Concerto: 22:30h.
Organiza: Tele-Clube Lugo
Colabora: Caldiae.
A compositora irlandesa-catalá, Núria Graham, actúa por primeira vez en Lugo, para facernos chegar a súa maxia folk pop á nosa cidade. “A voz musical máis honesta do 2020” (Vogue, 2020) virá acompañada da súa banda, para estrearse nun dos escenarios máis especiais cos que contamos na nosa vila, o Vexetarian.
Unha vez máis, Tele-Clube quere aunar a música, con outras artes e coa gastronomía, como un ingrediente máis dunha combinación suxestiva para facer de ésta, unha experiencia gustosa para todos os sentidos.
A artista Núria Graham publicou o seu álbum debut "First Tracks" en 2015 con tan só 16 anos. En pouco máis de dous anos lanzou "Bird Eyes" + "In The Cave" (EP), e case deseguido o seu segundo longo, "Does It Ring a Bell?" (2017), disco que a posicionou no panorama estatal como unha artista imprescindible para entender o folk-pop caseiro. Pero durante estes últimos dous anos Núria non descansou. Logo dunha xira que a levou aos escenarios dos festivais e dos recintos máis sobranceiros do país con incursións en Portugal, Berlín, Francia e Londres, Núria Graham publicou "Marjorie" (2020), un álbum requintado en forma e contido que presentou na sala Apolo de Barcelona coas entradas esgotadas. Un percorrido máxico a través de dez cancións que, ademais de conmover o público e á prensa nacional, acadou a atención da radio británica BBC e de bo número publicacións internacionais. Nese mesmo ano acaparou a atención do grande público, a través da súa participación no documental, “Una vuelta al sol”, adicado á cantante Amaia Romero.
Agora segue o seu camiño adiante publicando "At Last" (2021), un single con duas cancións que actúa de bisagra entre "Marjorie" e unha nova etapa sonora que culminará nun agardadísimo novo álbum.
Unha experiencia que non podes deixar de probar, se estás en Lugo, nesas datas escuras e húmidas de novembro, a maxia de Núria Graham envolverate nun feitizo marabilloso.
Politica di accesso
Commenti
1