Sunflowers (Festa V aniversario Tele-Clube)

CLUB CLAVICÉMBALO. Rúa dos Paxariños nº 23 - Vedi mappa
Varie date -
Organizzato da TELE-CLUBE

Acquista i tuoi biglietti

Vendita online chiusa.

Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.

I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".

Descrizione dell'evento

SUNFLOWERS (PT)

Desde o seu debut en 2014 cun EP homónimo, o punk psicodélico dos portuenses Sunflowers garante directos vibrantes de enerxía contaxiosa como os que xa pasearon por festivais como Festival Indigènes (FR), Endless Daze Fest (SA), Inner City Psych Fest (SA), Bristol Psych Fest (UK), Festival Europavox (FR), Festival Super Bock Super Rock (PT) ou NOS Alive (PT), onde compartiron palco con bandas como Oh Sees, Moon Duo, Black Lips, Night Beats, Boogarins e La Femme. Logo doutro EP e de catro discos máis, os portugueses participarán na celebración do 5º aniversario de Tele-Clube en plena xira de presentación da súa quinta entrega, "A Strange Feeling of Existential Angst" (2023), unha colección de cancións nerviosas, sinistras e confusas que constitúen unha expresión catártica sobre un estado de ánimo que atravesa baladas etéreas, sintetizadores acedos e ritmos disco. En consecuencia, o son do trío vira, nesta ocasión, máis complexo e experimental que en formatos anteriores. 

Politica di accesso

ASOCIACIÓN TELE-CLUBE.

CONDICIÓNS DO CONCERTO:

- A presente entrada é para a asistencia ao concerto de Sunflowers que se celebrará o 27 de Abril no Club Clavicémbalo de Lugo.

- Prohíbese a revenda das entradas en formato papel ou por calquera medio, incluído soporte electrónico.

- Menores a partir de 13 anos poden acceder (con entrada), acompañado/as s dos seus pais/nais ou de titor/a autorizado/a. No acceso, revisaránse os DNI e/ou a documentación acreditativa.

- Non está permitido o acceso con cámaras profesionais (salvo acreditación), animais de compaña nin obxectos que poñan en perigo a seguridade dos/as comparecentes.

Video

Noi e i nostri partners utilizziamo cookie propri e di terze parti con il fine di offrirti il ​​servizio correttamente, analizzare le visite effettuate alla nostra web e, in casi specifici, mostrarti pubblicità e consentirti di condividere contenuti sui social network. Puoi ottenere maggiori informazioni sui cookie, consultando la nostra Politica sui Cookies.