Mono- Cata con Lois Pérez

La Ferretería Eventos & Co. San Froilán 11, Bajo - Ver mapa
Várias datas -

Compra os teus bilhetes

Venda online encerrada.

Para mais informação pergunta ao organizador do evento.

Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".

Descrição do evento

Mono-cata: Unha noite de monólogo e cata de viños, nesta ocasión contaremos co humor de Lois Pérez maridado coa cata de tres viños da Ribeira Sacra da man de Isa Lozano de @vinissi.


O humor e as historias de Lois Pérez teñen un pé na memoria familiar, no rock, na súa propia estupidez e na literatura e, nesta ocasión, terán outro pé no viño. Un percorrido azaroso a través do humor e a risada para acompañar unha noite de encontro e goce.


Lois Pérez (1979) é narrador oral, escritor, poeta, guionista e mestre do ensino público.

Como dramaturgo gañou o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega (2008), sendo adaptada a súa obra (Edicións Xerais) por Quico Cadaval e interpretada por Xan Cejudo e Xan Olveira, Pico.

Como poeta gañou o Premio aRi[t]mar de poesía galega e portuguesa 2018 ao mellor poema publicado en Galicia nese ano polo Blues do Rei Bergman=B.B. King.

LP (2013, Emerxentes) e Long Play (Xerais, 2018) son os seus dous libros de poemas.

Como escritor, vén de gañar o Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil por A Gruta da torre que será publicada por Xerais en setembro.

Como guionista e narrador, participou no documental musical sobre a memoria histórica na provincia de Pontevedra, Acorda (2021), baixo a dirección artística de Uxía e xunto a Tanxugueiras, Eladio Santos, Su Garrido, Ezetaerre, Ugía Pedreira e Marina Oural ou Sheila Patricia, entre outras.


Venres 25 de marzo ás 21:00

La Ferretería Evento & Co

San Froilán 11 bajo

Lugo

Política de acesso

Neste caso o promotor não especificou a política de acesso a menores, se tiveres qualquer dúvida incentivamos-te a entrar em contacto diretamente com ele.

Comentários

4
Valoración Mono-cata con Lois Pérez
Parabéns pola organización a "La Ferretería", noraboa a "Vinissi" pola cata, e por mostrarnos parte da súa sabiduría no mundo do viño, extraordinario e formidábel coma sempre o grande Lois Pérez co seu humor e poesía. Ánimo pola mina parte a todos para seguir organizando eventos deste tipo.
Xosé Assistiu em 25/03/2022
Moi entretido, documentado e lúdico.
Moi recomendable!
Carmen Simón Assistiu em 25/03/2022
Becerro
Espectáculo imprescindible
Alcalde De Pol Assistiu em 25/03/2022
Historia de amor
Fue una bonita historia de amor entre en humor y el vino. De estas historias que dejan buen sabor de boca y ganas de más.
Rebeca Assistiu em 25/03/2022
Nós e os nossos parceiros utilizamos cookies próprias e de terceiros, com a finalidade de te oferecer o serviço de maneira correcta, contar as visitas à nossa página e, em casos concretos, mostrar-te publicidade e permitir-te partilhar conteúdos em redes sociais. Podes obter mais informação sobre as cookies consultando a nossa Política de Cookies.