Compra les teves entrades
Venda online tancada.
Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.
Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".
descripció de l'esdeveniment
Inauguramos o espazo de agrocultura A Gargalleira
Día 4 de xullo (domingo), ás 18h na Gargalleira (Silleda)
(No improbable caso de que a meteoroloxía non nos sexa favorable, trasladaremos o evento de data, caso no que avisaremos coa maior antelación posible).
O domingo 4 de xullo vai ter lugar a inauguración do noso proxecto de agrocultura na fermosísima finca A Gargalleira, situada en Trasfontao, Silleda, na que en adiante van acontecer cousas moi interesantes.
Empezamos con poesía á carta e música tradicional. Unha recua de poetas, capitaneada por María Lado, fará escrita en directo – poemas a demanda – con recital inicial e final, e As efémeras amenizarán a tarde co seu son. Gozaremos de todo isto no gran prado da finca, con servizo de barra e petiscos.
Todas as actividades que se programarán na Gargalleira serán con reserva, xa que é obrigado o control de aforo – de momento – polas medidas Covid. Porén, o importe desa reserva (3€) é testemuñal e a entrada decidiraa cada asistente ao rematar o evento (billeteira inversa), segundo valore a experiencia e a súa capacidade.
Portas abertas desde as 17h.
Se sodes un grupo de convivintes, facédenolo saber para asignarnos asentos en grupo!
Para calquera dúbida:
Correo-e: agargalleira@gmail.com
Política d'accés
Comentaris
2