9ª EDICIÓN DO MERCADO DA ESTRELA | CONCERTO DE ORTIGA + PICADISCOS
Data: Domingo 20 de decembro de 2020
Hora: 20:30h (apertura de portas) - 22:30h (recinto vacío)
Lugar: Pista cuberta nos xardíns do Centro Don Bosco (ubicación)
A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo.
Por favor, le con atención as seguintes indicacións:
- Existen tres tipos de entradas: de mesas de 2, 3, 4 e 6 persoas por mesa. Deste xeito as entradas reservaranse por grupos.
- No acceso ao espazo do concerto será obrigatorio que todas as persoas que acceden ao mesmo se identifiquen, aportando un número de teléfono de contacto.
- O recinto desaloxarase antes de hora sinalada como fin da sesión para a posibilitar a realización do seguinte pase sen demoras. No caso de ter adquirido entradas para dúas sesión consecutivas será necesario igualmente o desaloxo do recinto para poder levar a cabo as tarefas de hixienización.
- O uso da máscara é obrigatorio.
- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.
- Le detidamente a sinalización e carteis, ademáis de prestar atención ás indicacións do persoal de sala.
- A entrada e saída dos actos e espectáculos realizaráse de forma progresiva e escalonada.
- Permanecerase no asento asignado durante a actuación.
- Manteráse a separación de seguridade interpersoal de 1,5m durante o acceso ao evento e durante a duración do mesmo. Ten descargada a túa entrada para axilizar o acceso ao recinto.
- Evita na medida do posible facer grupos en entradas ou saídas dos eventos que entorpezan o normal transcurso de fluxo de público.
- Non asistas ao evento se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir ao evento.
- Non se poderá acceder ao recinto con comida ou bebida. Se a normativa vixente no momento da celebración do evento o permite, haberá comida e bebida á venda no recinto, sendo posible levantarse para adquirila, sempre que a normativa vixente o permita.
- Non está permitido fumar no recinto.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do recinto daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do espectáculo.