Mercado da Estrela | Presentación do filme ONS + Concerto de Chicharrón + Picadiscos

Mercado da Estrela | Presentación do filme ONS + Concerto de Chicharrón + Picadiscos

Veure entrades
Mercado da Estrela | Presentación do filme ONS + Concerto de Chicharrón + Picadiscos

Mercado da Estrela | Presentación do filme ONS + Concerto de Chicharrón + Picadiscos

Pista cuberta nos xardíns do Centro Don Bosco. Rúa de Belvís, 2. Veure mapa


Venda online tancada.

Per a més informació pregunti a l'organitzador de l'esdeveniment.

Les dades de l'organitzador estan a l'apartat "Organitzat per".

Descripció

9ª EDICIÓN DO MERCADO DA ESTRELA | Presentación do filme "ONS" + Concerto de Chicharrón + Picadiscos

Data: sábado 19 de decembro de 2020

Hora: 13:30h (apertura de portas) - 15:30h

Lugar: Pista cuberta nos xardíns do Centro Don Bosco (ubicación)

Nota: O acceso á presentación e ao concerto é gratuíto retirando o correspondente convite. No caso de non estar presentes no momento da apertura de portas, estes convites quedarán liberados e as mesas pasarán a ocuparse polo público sen entrada que se achegue ao recinto ata completar aforo.

A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo.

Por favor, le con atención as seguintes indicacións:

- Existen tres tipos de convites: de mesas de 2, 3, 4 e 6 persoas por mesa. Deste xeito os convites reservaranse por grupos.

- No acceso ao espazo do concerto será obrigatorio que todas as persoas que acceden ao mesmo se identifiquen, aportando un número de teléfono de contacto.

- O recinto desaloxarase antes de hora sinalada como fin da sesión para a posibilitar a realización do seguinte pase sen demoras. No caso de ter adquirido entradas para dúas sesión consecutivas será necesario igualmente o desaloxo do recinto para poder levar a cabo as tarefas de hixienización.

- O uso da máscara é obrigatorio.

- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.

- Le detidamente a sinalización e carteis, ademáis de prestar atención ás indicacións do persoal de sala.

- A entrada e saída dos actos e espectáculos realizaráse de forma progresiva e escalonada.

- Permanecerase no asento asignado durante a actuación.

- Manteráse a separación de seguridade interpersoal de 1,5m durante o acceso ao evento e durante a duración do mesmo. Ten descargada a túa entrada para axilizar o acceso ao recinto.

- Evita na medida do posible facer grupos en entradas ou saídas dos eventos que entorpezan o normal transcurso de fluxo de público.

- Non asistas ao evento se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir ao evento.

- Non se poderá acceder ao recinto con comida ou bebida. Se a normativa vixente no momento da celebración do evento o permite, haberá comida e bebida á venda no recinto, sendo posible levantarse para adquirila, sempre que a normativa vixente o permita.

- Non está permitido fumar no recinto.

- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do recinto daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do espectáculo.

Política d'accés

ACCESO DE MENORES

Dacordo coa Lei 10/2017, de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia o acceso de menores conta cunha serie de limitacións, polo que para acceder ao recinto será necesario que o menor esté acompañado dun pai/nai, titor legal ou acompañante autorizado e se presente firmada a autorización que podes descargar no seguinte enlace. 

Descarregar autorització

Vídeo

Compartir!

Organitzat per

Mercado da Estrela

Veure detalls
Nosaltres i els nostres socis utilitzem cookies pròpies i de tercers amb la finalitat d'oferir-te el servei de manera correcta, mesurar les visites que es realitzen a la nostra web i, en casos concrets, mostrar-te publicitat i permetre't compartir continguts en xarxes socials. Pots obtenir més informació sobre les cookies, consultant la nostra Política de Cookies.