Chegada a Ribadumia para o inicio desta ruta ata Meis, pola beira do rio Armenteira.
Son 12 km moi fáciles que nos levarán dende Barrantes ata O Mosteiro de Armenteira, a través de muiños, da Aldea Labrega, ruinas, e moita postal da auga discorrendo polo rio.
O finalizar visitaremos o Mosteiro de Armenteira.
E Despois de xantar iremos descansar a Combarro, o pobo dos hórreos e rúas estreitas, que a fan a aldea costeira mais fermosa de Galicia.