"CAMIÑOS". MAGÍN BLANCO

"CAMIÑOS". MAGÍN BLANCO

Go to tickets
"CAMIÑOS". MAGÍN BLANCO

"CAMIÑOS". MAGÍN BLANCO

Teatro del Andamio. calle Suárez Ferrín 10 Bajo. See map

Pick a date

Pick a time

Description

CAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios. CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos e as nenas. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin, os novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional. CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as.

Un espectáculo musical de 50 minutos de duración onde Magín Blanco se achega ao público familiar co que é o seu repertorio máis bailable e balsámico, máis curador. Ritmos da modernidade para nenos e nenas intrépidos, cantadas doces para amigos invisibles, todo cabe nestes CAMIÑOS, polos que andar e medrar na busca do que queiramos conseguir

RECOMENDADO PARA TODOS OS PÚBLICOS

DURACIÓN: 50 minutos

The promoter has not specified underage access policy, if you have any question please contact directly with the promoter.

Share it!

Brought to you by

TEATRO DEL ANDAMIO

Details
Cookies help us deliver our services. By using our services, you agree to our use of cookies. Learn more