Xénero: teatro comedia
Idade recomendada: para tosos os públicos
Para conmemorar e celebrar o Día da Muller Rural, as nosas queridas Mulleres Rurais de Arantón volven a presentar no marco do Ciclo de Artes Escénicas do Concello de Santa Comba a súa exitosa e divertidídima obra 3 sombreiros e 1 bota.
Risas aseguradas, unha pizca de misterio e un gran traballo para levar a escena as aventuras dun grupo de mulleres que representan unha comedia fresca, divertida e con uns xiros cómicos marabillosos.
Non podes faltar!
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.