Sleeping Cat:
Folk que bebe de ámbolos dous lados do charco.
Jerry Noia celebra o X aniversario de Sleeping cat cun concerto no que aparte das cancións xa publicadas en traballos anteriores, presentará novas cancións que poderían formar parte dunha próxima publicación.
Leo Burke:
Define o seu proxecto como música rompexeos de realidades contemporáneas. A título de "Ladridos de Inverno" presenta o seu primeiro conxunto de cancións, feitas a base de intuición melódica, pensamentos crús e rasgueos de corda.