Selecciona tus entradas
Venta online cerrada.
Para más información pregunta al organizador del evento.
Los datos del organizador están en el apartado "Organizado por".
Descripción del evento
Mono-cata: Unha noite de monólogo e cata de viños, nesta ocasión contaremos co humor de Lois Pérez maridado coa cata de tres viños da Ribeira Sacra da man de Isa Lozano de @vinissi.
O humor e as historias de Lois Pérez teñen un pé na memoria familiar, no rock, na súa propia estupidez e na literatura e, nesta ocasión, terán outro pé no viño. Un percorrido azaroso a través do humor e a risada para acompañar unha noite de encontro e goce.
Lois Pérez (1979) é narrador oral, escritor, poeta, guionista e mestre do ensino público.
Como dramaturgo gañou o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega (2008), sendo adaptada a súa obra (Edicións Xerais) por Quico Cadaval e interpretada por Xan Cejudo e Xan Olveira, Pico.
Como poeta gañou o Premio aRi[t]mar de poesía galega e portuguesa 2018 ao mellor poema publicado en Galicia nese ano polo Blues do Rei Bergman=B.B. King.
LP (2013, Emerxentes) e Long Play (Xerais, 2018) son os seus dous libros de poemas.
Como escritor, vén de gañar o Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil por A Gruta da torre que será publicada por Xerais en setembro.
Como guionista e narrador, participou no documental musical sobre a memoria histórica na provincia de Pontevedra, Acorda (2021), baixo a dirección artística de Uxía e xunto a Tanxugueiras, Eladio Santos, Su Garrido, Ezetaerre, Ugía Pedreira e Marina Oural ou Sheila Patricia, entre outras.
Venres 25 de marzo ás 21:00
La Ferretería Evento & Co
San Froilán 11 bajo
Lugo
Política de acceso
Comentarios
4