Esta actividade está dirixida a toda persoa que queira iniciarse no mundo do baile tradicional. Aprenderemos os ritmos tradicionais do baile solto galego, comezando polos pasos ‘básicos’ para ir incrementando a dificultade gradualmente ata aprender unha coreografía final que bailaremos ao remate do obradoiro. Non será necesario contar con coñecementos previos, só ganas de aprender e de desfrutar coa nosa tradición.
- Duración: 1 hora e 15 minutos
- Idade mínima recomendada: 10 anos
- Aforo máximo: 20 persoas
- Grao de dificultade: Iniciación
Por favor, antes do obradoiro le con atención as seguintes indicacións:
A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:
- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reducións, nin devolucións das entradas reservadas.
- Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a duración do obradoiro.
- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.
- Lectura detida da sinalética e carteis.
- Especial atención, ademais, ás indicacións do persoal.
- A entrada e saída realizaráse de forma progresiva e escalonada.
- Manterase a separación de seguridade interpersoal de 1,5m.
- Evitarase, na medida do posible, facer grupos en entradas ou saídas que poidan entorpecer o fluxo de circulación das persoas participantes.
- Non asistir ao obradoiro se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir á actividade.
- Non se poderá acceder ao recinto con comida.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do espazo daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do obradoiro.