Sábado 26 de xuño
18:00h-20:30h
Parque de Bonaval
Programa lúdico, artístico e poético
con Paraíso Canto, A Rabela, Aldaolado
PARAÍSO CANTO
Dúo formado por Gabi Reboredo á voz e ás percusións de man, e por Martiño Malleiro ao acordeón cromático e ao clarinete.
O seu repertorio está formado principalmente por músicas de tradición oral de Galiza reinterpretadas con frescura e cun xeito moi persoal.
Con pezas pensadas especialmente para o baile e outras pola contra, mais contemplativas, acollen tamén no seu repertorio músicas doutros lugares da península ibérica e da lusofonía
https://www.facebook.com/paraisocanto/
A RABELA
A Rabela leva ao escenário umha actuaçom em que mediante a música electrónica e o rap se representa a vida desde dentro da gaiola da violéncia estrutural. Para romper as cadeias e prender lume ao sistema.
https://alcaofocinhoaoceo.weebly.com/a-rabela.html
https://www.instagram.com/iarnaldhu/
https://www.facebook.com/iarnaldhu
ALDAOLADO
O dúo artístico Aldaolado está composto por Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada carreira, que no ano 2005 decidiron unir os seus nomes e os seus esforzos creativos para dar lugar a esta proposta.
Aldaolado é un proxecto artístico orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo para aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos.
Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galiza como máis aló das nosas fronteiras.
Nos seus espectáculos María e Lucía tratan temas de interese colectivo a través do humor, coma a lingua, o amor romántico, a igualdade de xénero, a vida de poeta e un longo etcétera.
https://www.facebook.com/lucia.aldao
https://www.instagram.com/lucialdao/
https://www.facebook.com/maria.demallou
https://www.instagram.com/lado_maria